Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda
Compartir:

Axenda
Domingo 29 de xaneiro 2012

Axenda

VI Trofeo Compostela Esgrima

O pavillón polideportivo de Pontepedriña acolle o VI Trofeo Compostela Esgrima. Entre 150 e 180 deportistas daranse cita neste torneo, que inclúe o Ranking Galego de Espada (en categorías absoluta e para menores de 15 anos) e o Ranking Nacional de Veteranos (en espada e florete).

[29/01/2012 09:30] O sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro, no pavillón polideportivo de Pontepedriña


Axenda

I Cross de Compostela

Un circuíto no Monte do Gozo acolle o I Cross de Compostela, unha proba que aglutina o Campionato Galego de Campo a Través nas categorías sénior e júnior e varias competicións para corredores en idade escolar.

[29/01/2012 09:45] O domingo 29 de xaneiro, a partir das 9:45 horas, no Monte do Gozo.


Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

[29/01/2012 10:00] Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.


Axenda

"Concerto pola paz" na praza do Toural

O domingo 29 de xaneiro terá lugar o 1º do Ciclo de Concertos da Banda e a Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, que coincidindo coa celebración do Día Internacional pola Paz, convida a todos os composteláns a participar no Concerto pola Paz.

[29/01/2012 13:00] O domingo 29 de xaneiro, ás 13:00 horas, na praza do Toural.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal