Domingo 15 de xaneiro 2012

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto Barroco da Banda Municipal de Música

Concerto Barroco da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Programa:

Preludio en mi M, D. Buxtehude.
Fuga en Sol m BWV 578, J. S. Bach.
Stabat Mater, J. B. Pergolesi.
Castor e Polux, J. Ph. Rameau.
Tocata e fuga en rem BWV 565, J. S. Bach.
Música para os Reais Fogos de Artificio, Haëndel.

O domingo 15 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: