Domingo 18 de decembro 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mercado da Estrela

En Galicia, o Nadal non comeza ata que non arranca o Mercado da Estrela, e este ano o encontro de referencia do talento galego chega a súa 5ª edición coo moitas novidades.

O sábado 17 e o domingo 18 de decembro, no Museo do Pobo Galego, no Matadoiro e na praza 8 de Marzo.

Axenda

Nadal 2016

Baixo o lema "Conto, canto o Nadal", o Concello preparou un programa de Nadal que combina actividades tradicionais con propostas máis novidosas e dirixidas a todos os públicos.

Durante as datas do Nadal en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

"2016, Ano Internacional dos Legumes", mostra no Museo de Historia Natural da USC

Exposicións, USC, Museos, Saudable
A exposición acolle máis de trinta legumes diferentes, ordenadas por especies representativas de cultivos que na actualidade ou noutros tempos houbo en Galicia. A mostra está composta de sementes de fabas, garavanzos, lentellas e chícharos, acompañados de fichas explicativas das plantas que os producen e a historia do seu cultivo. Faise fincapé nos problemas dos nomes dos legumes de tipo "faba", xa que hai tres especies da familia das leguminosas que dan 'fabas' de formas e usos semellantes pero de orixes, características e historias moi diferentes.

Ata o 31 de decembro, no Museo de Historia Natural.

Axenda

Música para escena e comedia do século XIX e XX coa Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago transportaranos ao romanticismo do século XIX interpretando pezas de compositores como F.v. Suppé, G. Bizet e A. Khachaturian.

O domingo 18 de decembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"The observation of trifles", de Carlos Alba, na Zona C

Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

Ata o 22 de xaneiro, na Zona C de Bonaval.

Axenda

Orfeón Terra A Nosa e Solistas

O Orfeón Terra A Nosa celebra o seu 50º aniversario interpretando a Petitte Messe Solennelle de G. Rossini, dirixidos por Miro Moreira e cos solistas Aída López, soprano; Ainhoa Zubillaga, mezzosoprano; Diego Neira, tenor; Pablo Nieves, barítono; Alba Díaz, armonio; e Juan Manuel Varela Louro, piano.

O domingo 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: