Domingo 16 de outubro 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Retratos sobre fondo negro", exposición fotográfica de Pilo Gallizo na Fundación Granell

Retratos sobre fondo negro achéganos a experiencia persoal de Pilo Gallizo, autora con discapacidade visual.

Do 13 ao 26 de outubro, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Afirmo que todo funcionará", proxecto expositivo de Jacobo Bugarín, na Zona C

Aquilo que se ve e aquilo que se oculta. Existe un intento de comunicación, unha imposibilidade tamén, que vertebra o proxecto expositivo que propón Jacobo Bugarín para o espazo da Zona C.

Do 14 de outubro ao 20 de novembro, na Zona C.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

Música Práctica

Catro Tímbricas Pintadas desenvolve unha narrativa audiovisual na que as cores que configuran as imaxes están asociadas a cada un dos catro instrumentos que conforman o ensemble. Asocia a cor negra á percusión, azul ao piano, vermello á frauta e amarelo ao violín. Dese xeito, cada cor dá lugar a múltiples conxuracións (figuras, tramas e fondos) cada timbre desenvolve unha ampla gama de posibilidades, desde xestos melódicos a efectos percusivos ou ambientes sonoros. Nova entrega das Xornadas de Música Contemporánea.

O domingo 16 de outubro, ás 12:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Compartir: