Sábado 30 de setembro 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca

A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.

Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Actividades pola Semana Europea da Mobilidade

Actividades para a concienciación sobre os diferentes tipos de mobilidade nas áreas urbanas.

Do 22 de setembro ao 1 de outubro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Bastións", esculturas de José Perozo

Bastións é unha compilación de hábitats, a ilustración dun mundo de cidades e personaxes que se habitan a si mesmos no que se combina certo realismo máxico cunha estética postindustrial.

Do 16 de setembro ao 5 de outubro, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

A Banda Municipal de Santiago homenaxea a Rosalía

A Banda Municipal participa no 100º aniversario da colocación da escultura-homenaxe a Rosalía de Castro no paseo da Ferradura da Alameda compostelá.

O sábado 30 de setembro, ás 11:00 horas, na carballeira de Santa Susana. na Alameda.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Merco e cociño: cociña india, na Praza de Abastos

Comezan os cursos de cociña no Mercado de Abastos, impartidos por Anna Mayer (Panepanna). Esta primeira sesión ocúpaa un taller que tivo moito éxito o ano pasado e que se chegou a repetir ata dúas veces. Imos á India, a realizar un menú completo.

Praza de Abastos; de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

Choiva de contos na Biblioteca Ánxel Casal

Sesión de narración oral con Chus Álvarez.

O sábado 30 de setembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal.

Axenda

Eduardo Blanco Amor, home das letras

Con motivo da celebración do 120 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, a Biblioteca de Galicia organiza un concerto a cargo do grupo Xardín Desordenado.

O sábado 30 de setembro, ás 19:00 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Tras Tannhäuser". Feira do Leste no Salón Teatro

Tannhäuser foi un poeta alemán. Tannhäuser é unha ópera de Wagner. Tannhäuser será sempre a porta espacial que Rutger Hauer describía na fermosa escena final de Blade Runner.

O sábado 30 de setembro ás 20:30 horas, e o domingo 1 de outubro ás 18.00 horas, no Salón Teatro.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: