Mércores 6 de xuño 2018

Axenda

Compostela + Solidaria: actividades para mudar o mundo

Pprograma de sensibilización, con obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria.

Do 25 de maio ao 15 de xuño, en diversas localizacións da cidade.

Axenda

II Semana do Libro de Compostela, SELIC (do 1 ao 10 de xuño)

Unha trintena de postos coas novidades e fondos das librarías e editoriais galegas e múltiples actividades complementarias.

Do 1 ao 10 de xuño, na praza da Quintana.

Axenda

XIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

A MICE é un espazo para a exhibición pero tamén para a formación e o debate ao redor do cinema etnográfico e a antropoloxía (audio) visual.

Do 4 ao 10 de de xuño, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea (do 6 ao 29 de xuño)

Os amantes da música de culto e de vangarda poden gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos.

Do 6 ao 29 de xuño, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia

Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.

Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Escola na Cidade: concertos fin de curso CAEO

Como colofón dos seus estudos, cada un dos alumnos do CAEO, Curso Avanzado de Especialización Orquestal, debe realizar un concerto público que implique unha participación solista destacada.

Os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade.

Axenda

"O rapto de Europa", instalación de Marcos Covelo

Marcos Covelo cuestiona na peza El rapto de Europa a concepción e representación da bandeira da UE prestando especial atención á situación actual de Europa ao abeiro do contexto económico, social e político.

Do 1 de xuño ao 29 de xullo, na Zona C.

Axenda

"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido

A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.

Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: