Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O CSCX do Ensanche acolle un obradoiro de animación á lectura titulado Debuxando ao Principiño.
[30/03/2010 09:00] Os días 29, 30 e 31 de marzo, ás 9:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.Axenda
A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.
A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.
Axenda
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
[30/03/2010 10:00] Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
[30/03/2010 20:00] Ata o 21 de maio, na Zona "C".Axenda
Segunda xornada do Festival de Músicas Contemplativas. A primeira actuación do día será a do Fretwork Ensemble (Inglaterra). A continuación, Les Éléments (Francia) e Urna & Ensemble (Mongolia).
[30/03/2010 20:00] O martes 30 de marzo.Axenda
Punto de saída
Convento de Nais Mercedarias
Percorrido
Convento de Nais Mercedarias – Rúa Fonte de Santo Antonio – Rúa das Orfas – Praza do Toural – Rúa do Vilar – Praza das Praterías – Catedral
A ter en conta...
Procesiona o Martes Santo e o domingo "Dominica in albis".
Procesiona con cruz de guía parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.
O seus confrades visten hábito de sarga branca con puños, faixa e carapucha vermella.
A talla do Santísimo Cristo da Paciencia é un crucificado que substitúe ao titular, obra de Gregorio Fernández, na procesión.
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.