Mércores 10 de marzo 2010

Axenda

Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrece "Polgariño"

Na pequena cabana do bosque onde vive unha familia de leñadores avecíñanse dificultades: unha enfermidade impídelle ao pai ir traballar. Os pais queren manter os seus cinco fillos alleos a esta situación, mais Polgariño, o máis pequeno, é observador e advirte as desgrazas que ameazan os seus. Este é a historia de Polgariño, da que os máis novos poderán disfrutar nun Concerto Didáctico.

O mércores 10 e o xoves 11 de marzo, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Pressing catch, de Berrobambán Teatro.

Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e a un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo. O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o 12 de marzo ás 21.30h na Sala Nasa.

O mércores 10 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural José Saramago, en Vite.

Axenda

Man Drake & Toméo Vergés representa "Idiotas"

A compañía francesa Man Drake & Toméo Vergés trae a Compostela a súa obra Idiotas, no marco do ciclo Teatro e Danza en Xira.

O mércores 10, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: