Xoves 3 de xaneiro 2019

Axenda

Nadal 2018 en Compostela

Santiago celebrará o Nadal con máis de medio cento de actividades, espalladas por todo o municipio.

Durante as datas de Nadal en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Mercado do Nadal en Carreira do Conde

Postos de artesanía, doces, obxectos e agasallos para as festas, cunha representación moi ampla da artesanía local.

Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, na rúa de Carreira do Conde.

Axenda

Pista de patinaxe sobre xeo no parque da Alameda

A pista de patinaxe sobre xeo volve como cada Nadal á Alameda compostelana para facer as delicias de pequenos e maiores.

Ata o 27 de xaneiro, no parque central da Alameda.

Axenda

"Anacos do rural de Compostela e A Coruña", exposición no Recinto Feiral de Amio

Escolma de fondos fotográficos e cinematográficos de Galicia da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de entre os anos 1934 e 1989.

Durante o Nadal, no Recinto Feiral de Amio.

Axenda

Cantos de tabernas no Romaño, As Fontiñas e O Ensanche

O Concello e a Asociación Muiñeiros do Sarela pon en marcha un ciclo de Cantos de Taberna, que inclúe obradoiros nos que as persoas participantes poderán aprender o repertorio tradicional que despois será interpretado polas rúas e tabernas de cada barrio.

Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, en centros cívicos e establecementos hostaleiros do Romaño, As Fontiñas e O Ensanche.

Axenda

Circo Evolution: "Imaginatio", en Salgueiriños

Circo Evolution chega a Santiago de Compostela para presentar a súa nova montaxe, Imaginatio.

Do 22 de decembro ao 13 de xaneiro, en Salgueiriños.

Axenda

"Unha gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002 - 2019]", no Auditorio de Galicia

Este proxecto expositivo fai unha reflexión cidadá a dezaseis anos vista da catástrofe do Prestige.

Do 19 de novembro ao 8 de xaneiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Camiño de Santiago debuxado", de Joaquín González Dorao

O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao presenta a súa vivencia como peregrino a través dos seus debuxos e acuarelas.

Ata o 27 de xaneiro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Tres anos de Compostela Ilustrada", na Casa do Cabido

Selección de debuxos das tres edicións de Compostela Ilustrada: 2016, 2017 e 2018. Un centenar de obras de 32 artistas, entre eles Miguelanxo Prado, Javier Mariscal, Catel Muller, Mr. Zé ou o xaponés Ikeda Munehiro.

Do 22 de novembro ao 9 de xaneiro, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: