Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.
[03/03/2011 10:00] Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.Axenda
Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....
[03/03/2011 10:00] Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".Axenda
A exposición A memoria da xente comeza a súa andaina polos barrios composteláns no CSC do Castiñeiriño. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.
[03/03/2011 10:00] Do 25 de febreiro ao 11 de marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.Axenda
A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.
[03/03/2011 10:00] Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).Axenda
Obradoiro no que os participantes aprenderán a crear carautas de Entroido.
[03/03/2011 18:00] O xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas, no Local Sociocultural da Peregrina.Axenda
Con motivo do Entroido, impártense obradoiros de novas tecnoloxías centrados nos costumes destas datas.
[03/03/2011 18:00] O xoves 3 de marzo, ás 18:00 horas, no Local Sociocultural de Grixoa. Ao día seguinte, á mesma hora, no Local Sociocultural de Lamascal.Axenda
Tanianuria conta aos nenos e nenas algúns dos contos máis populares do mundo, historias como as de Branca Neves e os sete ananiños, Carapuchiña Vermella, Cincenta, O Gato con Botas...
[03/03/2011 19:30] O xoves 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.