Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.
[26/03/2011 10:00] Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.Axenda
Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....
[26/03/2011 10:00] Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".Axenda
A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC das Fontiñas. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.
[26/03/2011 10:00] Do 15 ao 30 de marzo, no Centro Sociocultural das Fontiñas.Axenda
A Casa das Asociacións de Cornes acolle a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.
[26/03/2011 10:00] Do 18 de marzo ao 2 de abril, na Casa das Asociacións.Axenda
A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.
[26/03/2011 10:00] Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).Axenda
A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.
[26/03/2011 18:30] Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.Axenda
Ana Moura avanza a grandes pasos para converterse nunha lenda da música portuguesa. É aínda nova, pero con só catro discos conseguiu o éxito dentro e fóra do país que a sitúan como a nova estrela do fado, a cantante coa que os grandes queren actuar cando pasan por Lisboa: cantou con Mick Jagger no concerto dos Rolling Stones no Estadio de Alvalade e con Prince na súa actuación no Super Bock Super Rock. Nova entraga do ciclo Sons da Diversidade.
[26/03/2011 21:00] O sábado 26 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.