Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda

Axenda
Xoves 2 de setembro 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

[02/09/2010 10:00] Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.


Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

[02/09/2010 10:00] Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.


Axenda

Exposición fotográfica sobre "Espazo e Desenvolvemento Sustentable"

A Fundación AXA e Lunwerg Editores, coa colaboración da Concellería de Educación, presentan en Compostela a mostra Espazo e Desenvolvemento Sustentable. Velando pola saúde do noso planeta.

Os 66 grandes paneis da mostra permitien aos composteláns e aos visitantes da capital galega contemplar unha selección fotográfica das imaxes máis impresionantes do espazo e da Terra procedente dos arquivos da Axencia Espacial Europea e de prestixiosos fotógrafos de todo o mundo.

[02/09/2010 10:00] No parque da Alameda, ata o 3 de setembro.


Axenda

Cartaz do programa.

Vive o verán

A cidade acolle un amplo programa de actividades ao aire libre, grazas á terceira edición de Vive o verán.

[02/09/2010 11:00] Nos meses de xullo e agosto, e parte de xuño e setembro, en diversos espazo da cidade.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal