Domingo 29 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

O Festival de Músicas Contemplativas chega á súa novena edición, fiel á súa vocación de combinación dos patrimonios musical e artístico. Dezasete concertos encherán de música a Semana Santa compostelá en diferentes espazos singulares da cidade. "Camiños…" é o lema condutor dun amplo programa cheo de música espiritual, sacra e de raíz…

Do 27 de marzo ao 5 de abril, en diferentes espazos da cidade: Auditorio de Galicia, Cidade da Cultura, cCapela da Orde Terceira, conventos do Carme de Arriba e de Santa Clara e igrexas de San Domingos de Bonaval, San Miguel, San Paio de Antealtares, San Fiz de Solovio e a da Universidade.

Axenda

Moonspell

Concerto dunha das bandas portuguesas máis grandes dentro do Metal. Eses son Moonspell, que presentan novo disco, Extinct, e ademais virán acompañados dos gregos Septic Flesh, que son xa un referente a nivel mundial dentro do metal sinfónico, xa que os seus dous últimos discos foron gravados coa Orquestra de Praga.

O domingo 19 de marzo, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Himnos, cerimonial e espiritualidade coa Banda Municipal de Música

Cerimonias, concertos e eventos de toda índole inspiraron, ademais de composicións orixinais, transcricións e arranxos para orquestras de ventos de himnos, marchas e corais como os interpretados neste programa pola Banda Municipal de Santiago, no que encontramos pezas relixiosas, cerimoniais e melodías evocadoras (e porque non... contemplativas!), nalgúns casos moi coñecidas, como a Serenata de Schubert, o Adagio de Albinoni, o Panis Angelicus de César Franck...

O domingo 29 de marzo, ás 19:30 horas, na igrexa de Santo Agostiño.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Xardín suspenso", estrea do CDG

Unha historia de amor. Un amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta nova que investiu todas as enerxías na construción dun depurado xardín sen plantas. Ao mesmo tempo, é unha navalla certeira (de cociña) dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por adquiridas e das aparencias que non ousamos deixar de vestir cada vez que saímos de casa. Abel Neves axita as relacións familiares e o micro-cosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade. E confróntanos co poder das palabras simples, palabras que xorden case sen nos decatar e que á mínima fenda poden converterse en coitelos letais. Cándido Pazó dirixe esta estrea absoluta do Centro Dramático Galego.

No Salón Teatro:
Sábado 14 de marzo, ás 20:30 h.
Domingo 15 marzo, ás 18:00 h.
Venres 20 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 21 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 22 marzo, ás 18:00 h.
Venres 27 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 28 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 29 marzo, ás 18:00 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: