Viernes 30 de enero 2015

Axenda

"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,

A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xulio Maside

Unha exposición que reivindica a figura de Xulio Maside no contexto da historia da arte en Galicia das últimas décadas. Aínda que nacido en Vigo en 1933, Xulio Maside vive en Compostela, na casa familiar da rúa do Vilar, cando era un neno e alí convive con Carlos Maside, o seu tío e figura imprescindible da arte. Seguro que de aí nace a súa inquietude e curiosidade pola arte.

Ata o 8 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Kassa", espectáculo teatral de María Torres e Gonçalo Guerreiro

Kassa é un espectáculo de teatro visual que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estrutura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación... Técnicas como o video-mapping, a capacidade de xiro da estrutura escenográfica e o uso do live cinema dotan ao espectáculo dun dinamismo moi estimulante. Kassa reflicte a temática da vivenda: no inicio da acción a sociedade é sedutora, próspera e optimista, pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a familia deixa de poder pagar as prestacións do seu soño.

O venres 30 e o sábado 31 de xaneiro, ás 20:30, e o domingo 1 de febreiro, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Roda presenta o seu novo disco, "Outra volta de roda"

"Despois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez...". Outra volta de roda resume e presume de condensar toda unha historia… os case corenta anos de vida de A Roda. Outra volta de roda supón un punto de inflexión da andaina de A Roda polos eidos da música popular galega, ao tempo que rinde homenaxe a todos os músicos que pasaron pola formación e a lembranza do seu Fito.

O venres 30 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: