Viernes 27 de septiembre 2019

Axenda

Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRural)

Santiago de Compostela convértese na capital da economía e da cultura rural e alternativa de Galicia grazas ao I Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRural).

Do 22 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos de Compostela.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada I", na Casa do Cabido

Catro fotógrafos -Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz- amosan a súa particular visión da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.

Ata outubro, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

"Pouco a pouco", de Ângela Ferreira, no CGAC

Dende o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano.

Do 21 de xuño ao 29 de setembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: