Jueves 17 de septiembre 2015

Axenda

Exposición "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo"

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. Ambas mostras reúnen no seu conxunto máis dun centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), coñecido na cidade como "Moncho". Tanto na Casa do Cabido como no Museo do Pobo Galego pódese contemplar unha selección de imaxes vencelladas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

A exposición do Museo do Pobo Galego poderá visitarse ata o mes de setembro, de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado.

Pola súa parte, a mostra da Casa do Cabido estará aberta ata novembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en inverno); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

"Amparo Segarra. Aracne", mostra na Fundación Granell

Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación, resalta unha das facetas máis descoñecidas da artista, o seu especial vinculación co mundo da moda. Neste sentido, a roupa terá un apartado especial, con pezas persoais ou elaboradas pola artista, ademais de completarse con dúas obras realizadas coa técnica de collage.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "20 formas de cambiar o mundo"

A exposición 20 formas de cambiar o mundo, comisariada por Eduardo Valiña, toma como punto de partida as importantes coleccións que conforman os fondos do museo, establecendo un percorrido a través do diálogo, por unha banda entre a colección surrealista e a colección étnica e por outra entre a colección Philip West e Eugenio Granell. A mostra complétase coas obras doutros creadores contemporáneos que forman parte de coleccións privadas.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Axenda

Concertos abertos da Real Filharmonía de Galicia nos barrios

A RFG realiza esta semana con varios concertos gratuítos ao aire libre en barrios significativos da cidade compostelá. Os concertos comezarán coa obertura de As vodas de Fígaro, de Mozart. De seguido, a orquestra tocará a obertura de Coroliano, de Beethoven. Os asistentes tamén poderán escoitar parte da Suite nº 1 "Peer Gynt", do compositor noruegués Edvard Grieg.

Os músicos tocarán ademais a obertura de As Hébridas, de Mendelssohn. A continuación interpretarán a obertura de A italiana en Alxer, do compositor italiano Gioachino Rossini e os concertos rematarán cun fragmento de O soño dunha noite de verán, de Mendelssohn.

Todos os concertos ás 20:00 horas:

- Martes 15, na praza de Europa, en Área Central (Fontiñas) en Fontiñas. En caso de choiva, no interior.

- Mércores 16, no parque de Ponte Mantible (Vite). En caso de choiva, no Auditorio de Galicia.

- Xoves 17, a carón do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, en Conxo. En caso de choiva, na igrexa de Santa María.

- Venres 18, no xardín da Zona C de Bonaval, no barrio de San Pedro. En caso de choiva, na igrexa de San Domingos de Bonaval.

- Sábado 19, na praza Roxa (en caso de choiva, suspenderíase).

Axenda

"Tarde alla Italiana" da Banda Municipal de Santiago

Como todos os xoves, dentro do ciclo de verán, a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida polo mestre Juan M. Romero Llopis, ofrece un concerto en Praterías, desta vez baixo o título Tarde alla Italiana.

O xoves 17 de setembro, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Noiteboa", por Redrum Teatro

Ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví fará todo o posible para que durante unhas horas, Arturo, Nico e máis ela sexan unha familia de verdade. Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo integran o reparto de Noiteboa, o novo espectáculo de Redrum Teatro. Dirixe Alex Sampayo.

Do 17 ao 20 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: