Jueves 16 de julio 2015

Axenda

Exposición "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo"

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. Ambas mostras reúnen no seu conxunto máis dun centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), coñecido na cidade como "Moncho". Tanto na Casa do Cabido como no Museo do Pobo Galego pódese contemplar unha selección de imaxes vencelladas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

A exposición do Museo do Pobo Galego poderá visitarse ata o mes de setembro, de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado.

Pola súa parte, a mostra da Casa do Cabido estará aberta ata novembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en inverno); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago dedicará o concerto deste xoves á zarzuela. O repertorio zarzuelístico segue sendo unha das peticións do público máis fiel da Banda e por iso forma parte asidua da súa programación. A formación arranxou os maiores éxitos deste xénero engadindo unha solista ás castañolas, Margarita Guerra, dándolle a estas pezas unha forza expresiva engadida. Obras de Gerónimo Giménez, Tomás Bretón ou Ruperto Chapí, resoarán nesta proposta.

O xoves 16 de xullo, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Compartir: