Jueves 21 de mayo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Artistas na rúa", mostra fotográfica na Casa das Asociacións de Cornes

Artistas na rúa, proxecto expositivo producido por alumnos e alumnas de 3º grao en Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, pretende dar voz e notoriedade aos artistas das rúas de Santiago de Compostela, que cada día nos amenizan dende o seu anonimato coa súa arte. A mostra céntrase nunha serie fotográfica que nos presenta o día a día destes artistas e está ligada a un traballo académico da materia de Museoloxía e Museografía, impartida polo profesor Miguel Anxo Rodríguez González, quen supervisou o traballo.

A exposición reúne oito artistas rueiros de Santiago de Compostela mediante un traballo fotográfico realizado polos propios alumnos e no que se pode discernir a actividade artística de cada un deles. Son artistas que exercen dende o anonimato, polo que se lles quere outorgar o protagonismo que merecen poñendo nome a caras que vemos de cotío.

Do 8 ao 29 de maio na Casa das Asociacións de Cornes, de martes a xoves en horario de 16:30 a 18:30 e os venres de 16:30 a 20:30 horas.

Axenda

"Aire no Ar", estrea de danza de María Move e Álvaro Reboredo

Dúas persoas e unha corda vertical… Un espazo que respira, o Ar… Dúas linguaxes expresivas… Inquedos, activos e polifacéticos intérpretes e creadores, María Move e Álvaro Reboredo son protagonistas desta coreografía de Rut Balbís que terá a súa estrea absoluta no Teatro Principal.

O mércores 20 e o xoves 21 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia co clarinetista Pascual Martínez-Forteza

Magnífica oportunidade para redescubrir xunto a Pascual Martínez-Forteza, o primeiro e único músico español na New York Filharmonic, a faciana solista dun instrumento como o clarinete… e por partida dobre. Madrileño exiliado a Arxentina, Julián Bautista é un polifacético compositor que prestou especial atención á música para cine. Aaron Copland incorpora abundantes elementos do jazz no seu concerto para clarinete.

O xoves 21 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: