Miércoles 11 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

John Németh por primeira vez Galicia

Recentemente galardoado como Mellor Artista de Soul Blues nos Blues Music Awards, John Németh visita por primeira vez Galicia. Para moitos unha das mellores voces de soul blues do mundo e un verdadeiro virtuoso da harmónica, John Németh e fillo de inmigrantes húngaros cun sobranceiro talento natural que creceu en Boise, Idaho.

O mércores 11 de marzo, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: