Viernes 27 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Who is inside the camera", de Roi F.F., na Zona C

Iam1 presenta Who is inside the camera?, estrea absoluta de Roi F.F. Teatro Contemporáneo.

O mércores 25, o xoves 26 e o venres 27, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ariel Rot

Despois da xira Uno de los nuestros -na que compartiu escenario con Loquillo e Leiva- e tras as súas recentes actuacións en Arxentina e Colombia, Ariel Rot regresa a España para percorrer a xeografía nacional cun show de singular formato, no que presenta o seu repertorio sen máis acompañamento que as súas guitarras e un piano. Así, só no escenario, Ariel vai debullando o seu repertorio dunha maneira moi íntima e natural, prescindindo de artificios e establecendo co público unha relación máis próxima.

O venres 27 de febreiro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: