Sábado 14 de febrero 2015

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Entroido 2015

Ampla variedade de propostas para o Entroido 2015 en Compostela. O desfile do martes 17 será un ano máis o punto forte dun calendario que arrancará co desfile do Meco e que incluirá un festival infantil, obradoiros, actividades nos centros socioculturais, ofertas gastronómicas e a todas as propostas ligadas ao Entroido dos Xenerais da Ulla.

Do 14 ao 18 de febreiro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

The James Hunter Six

Aínda sendo británico James Hunter domina como poucos músicos as claves do soul e o R&B de primeira escola norteamericana. Tras un tempo afastado dos focos volve a estar en xira e visita o noso país na formación The James Hunter Six. Como teloneiros actuarán a formación dos galegos The Limboos, grupo revelación da escena nacional.

O sábado 14 de febreiro, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: