Domingo 6 de julio 2014

Axenda

Oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, do ano 2013, ofrece a oportunidade de acceder á arte máis actual, un conxunto de 46 obras onde a frescura dos novos artistas se fai presente a través de diferentes métodos de representación. Así podemos encontrar dende os procedementos máis tradicionais como o óleo sobre lenzo ata imaxes virtuais, recreacións de cámaras escuras ou instalacións audiovisuais. Nesta edición, o primeiro dos premios foi para Olaia Sendón; o segundo para María Castellanos e o accésit para Jesús Madriñán.

Ata o 3 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mostra sobre os camiños a Santiago por Castela e León

A exposición Ayer y hoy de los caminos a Santiago por Castilla y León. El Camino Francés é unha iniciativa promovida pola Xunta de Castela e León e impulsada pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. Esta mostra itinerante reúne 58 imaxes antigas en branco e negro de diversos lugares do Camiño Francés ao seu paso polas provincias de Burgos, Palencia e León. As fotografías forman parte dos fondos da Filmoteca de Castela e León e pertencen a diferentes autores. A estas instantáneas antigas contrapóñense outras tantas actuais, realizadas en cor polo fotógrafo valisoletano José Luis Santos Cid, que buscou a perspectiva e o encadre máis semellantes aos das orixinais. Móstrase así a evolución do Camiño ao seu paso pola comunidade leonesa nos últimos 40 anos.

A exposición poderá visitarse ata o 4 de xullo; de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos e festivos o Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Compartir: