Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[20/04/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
[20/04/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.Axenda
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
[20/04/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.Axenda
A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.
[20/04/2012 19:30] Todas as representacións na Zona C:Axenda
O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta Eva al desnudo, de Joseph L. Mankiewicz, 1950. E a continuación, coloquio con café acompañados por Patricia Fra López, profesora titular e experta en literatura e cine da USC. Entrada de balde ata completar aforo.
[20/04/2012 20:00] O venres 20 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.Axenda
Concerto de Maika Makovski dentro do ciclo Íntimo&Acústico, contará como teloneiro con Gentle Music Men.
[20/04/2012 21:00] O venres 20 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.Axenda
David Navarro, Kaco e Paco Calavera presentan o seu show en Compostela.
[20/04/2012 21:00] O venres 20 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.