Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[13/04/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
[13/04/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.Axenda
O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta O falcón maltés, de John Huston, 1941. E a continuación, coloquio con café acompañados por Camilo Franco, crítico de cine e cronista cultural de La Voz de Galicia. Entrada de balde ata completar aforo.
[13/04/2012 20:00] O venres 13 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.Axenda
Rafael Alvarez "El Brujo" interpreta a adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones El testigo, na que se traza a biografía de Miguel Pantalón, imaxinario cantaor gaditano xenial, irreverente e inconstante.
[13/04/2012 21:00] O venres 13 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.Axenda
Concerto de The Bright dentro do ciclo Íntimo&Acústico.
[13/04/2012 21:00] O venres 13 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C.Axenda
Terceira entrega do ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.
MusiCompostela continúa coa actuación dos grupos Manolo e Fillos e Mayu, con entrada de balde. Seguirán outros catro concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.