Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
[03/03/2012 10:00] Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.Axenda
A compañía A Xente das Palabras trae ao Principal un concerto familiar baixo o título de A Berenguela, destinado a rapaces de entre 4 e 10 anos. Trátase dunha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María.
[03/03/2012 19:30] O sábado 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.Axenda
O Ballet Contemporáneo de Arxel (Arxelia) coa compañía La Baraka (Francia) presentan Nya. Díptico para nove bailaríns, espectáculo que inclúe O Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi, nunha visión coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa.
[03/03/2012 21:00] O sábado 3 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.