Viernes 8 de mayo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "40 anos de acción humanitaria independente"

A Concellería de Cultura, co ánimo de apoiar e divulgar o traballo da organización médico-humanitaria de ámbito internacional Médicos sen Fronteiras, programa en tres centros socioculturais, durante os meses de abril, maio e xuño, a exposición fotográfica 40 anos de acción humanitaria independente.

Esta mostra achega aos visitantes unha escolma de 30 fotografías que reflicten o traballo que esta organización vén realizando en poboacións que se atopan en situacións precarias ou son vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados ao longo de 40 anos. Algunhas das imaxes poñen de manifesto realidades coma a vivida tras o tsunami de 2004 no sureste asiático, a crise nutricional en Níxer, a febre de Marburg en Angola, a expulsión de inmigrantes en Marrocos, o conflito armado en Colombia en 1985, a primeira Intifada en 1998, a guerra en Bosnia ou a fame en Etiopía.

A exposición recolle fotografías de Sebastiao Salgado, Juan Carlos Tomasi, Bruno Stevens, Olivier Jobard, Roger Job, Eric Bouvet e Jonh Stanmeyer, ademais de axencias como Gamma, Magnum, Crosnos, Moment, Sipa Press e VII.

De xeito paralelo, nos centros soocioculturais realizaranse diversas actividades complementarias, coma o ciclo de cine humanitario MSC Miradas sen fronteiras que contará coa proxección das obras From action to words, Invisibles, Acces to the danger zone e Fire in the blood. Tamén se realizará un contacontos e un debate sobre o cómic El fotógrafo.

- A mostra poderá visitarse entre o 8 e o 27 de abril no CSC do Ensanche, do 30 de abril ao 20 de maio no CSC de Vite e do 22 de maio ao 9 de xuño no CSC das Fontiñas.

- No ciclo de cine, proxección das obras From action to words e Invisibles o 8 de abril, ás 11:00 e 11:30 horas, respectivamente, no CSC do Ensanche. O sábado 25 de abril, proxección de Acces to the danger zone, ás 17:30, e Fire in the blood ás 19:00 horas.

- Contacontos para nenos e nenas o 17 abril no CSC do Ensanche, o 8 de maio no CSC de Vite e o 29 de maio no CSC das Fontiñas.

- Debate sobre o cómic El fotógrafo, o 26 de maio, as 20:00 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

"Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía", exposición no CSC das Fontiñas

Exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela. Esta mostra, que xa fora inaugurada no ano 2014 na Casa do Cabido de Santiago, está conformada por 51 fotografías datadas entre 1839 e 1930, nas que 39 fotógrafos da Asociación fan unha reprodución actualizada da fotografía clásica.

Na exposición contemplarase o traballo de grandes mestres coma André Kertész, Edward Weston, Man Ray, Alfred Eisenstaedt, Ruth Matilda Anderson, Ksado, Imogren Cunnigham ou Jacques Heri Lartigue, entre outros.

A mostra intenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso, polo que cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se reproduce a menor tamaño a imaxe orixinal que se tomou como modelo, xunto cos datos do seu autor, datas e referencia biográfica, alén dos datos do autor da peza actual.

Do 6 ao 20 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

XXXIV Feira do Libro

O paseo central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro, que nesta ocasión conta con 11 casetas. Celebraranse ata 25 actividades diferentes de xeito paralelo á propia mostra. Así, haberá presentacións de libros, sinaturas de exemplares, contacontos, coloquios, teatro infantil, proxeccións audiovisuais ou diversos obradoiros.

Do 1 ao 10 de maio, no paseo central da Alameda, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Nas xornadas festivas e de fin de semana, o horario da mañá prolongarase ata as 14:30 horas.

Axenda

"Artistas na rúa", mostra fotográfica na Casa das Asociacións de Cornes

Artistas na rúa, proxecto expositivo producido por alumnos e alumnas de 3º grao en Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, pretende dar voz e notoriedade aos artistas das rúas de Santiago de Compostela, que cada día nos amenizan dende o seu anonimato coa súa arte. A mostra céntrase nunha serie fotográfica que nos presenta o día a día destes artistas e está ligada a un traballo académico da materia de Museoloxía e Museografía, impartida polo profesor Miguel Anxo Rodríguez González, quen supervisou o traballo.

A exposición reúne oito artistas rueiros de Santiago de Compostela mediante un traballo fotográfico realizado polos propios alumnos e no que se pode discernir a actividade artística de cada un deles. Son artistas que exercen dende o anonimato, polo que se lles quere outorgar o protagonismo que merecen poñendo nome a caras que vemos de cotío.

Do 8 ao 29 de maio na Casa das Asociacións de Cornes, de martes a xoves en horario de 16:30 a 18:30 e os venres de 16:30 a 20:30 horas.

Axenda

Ángel Martín e Ricardo Castella

Ángel Martín e Ricardo Castella escribiron unha película para Hollywood acerca de que amar, ás veces, escoce. E estana axustando en teatros antes de chamar a Bandeiras, Pe e Bardem para que lles vaian pasando teléfonos e todo iso. Ángel Martín e Ricardo Castella regresan aos escenarios co seu segundo espectáculo tras o éxito de Nunca es tarde, o seu primeiro espectáculo, unha serie de TV para teatro que viron máis de 150.000 espectadores ao longo de 3 anos de xira ininterrompida polos mellores teatro.

O venres 8 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Nós", creación colectiva do Grupo de Teatro de Surdos do Porto e Pele

A Pele (espazo de contacto social e cultural) e a Asociación de Xordos do Porto, con desexo compartido de cimentar pontes de comunicación entre as comunidades xorda e oínte, vén establecendo un diálogo ao través do teatro, en canto a linguaxe universal… Nós é o cuarto proxecto teatral materializado dende 2008 a partir desta frutífera,. comprometida e inspiradora colaboración.

O venres 8 e o sábado 9 de maio, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Hambre", por La Incidente D-T

Hambre é unha peza de danza-teatro onde unha personaxe pasa da irritación a saciarse das elucubracións mentais que pode crear co seu poder de funcionar para un sistema. La Incidente D-T representa esta obra dentro do ciclo Danza 2015.

O xoves 7 e o venres 8 de maio, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A soprano Heide Melton canta a Wagner coa RFG

Anton Bruckner consideraba a sexta como a súa sinfonía máis atrevida. A pesar da habitual opinión do crítico máis feroz da súa obra, Eduard Hanslick, esta sinfonía desempeña un papel fundamental na construción do monumental edificio sinfónico dun orixinal autor moi seguro da súa capacidade artística. Como complemento ideal escoitaremos os Wesendonck Lieder, un ciclo de cinco cancións composto por Richard Wagner a partir dunha escolma dos poemas de Mathilde Wesendonck, a dona dun dos mecenas e amigo do amado mestre de Bruckner.

O venres 8 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Niño y Pistola

Todo ten un final, e no caso dunha das bandas máis representativas de Galicia dos últimos dez anos, Niño y Pistola, o final chega esta primavera coa edición do que será o seu último traballo Bye Kid e un concerto de despedida na Sala Capitol. Non foi fácil perdurar durante dez anos nun sector coma o musical, pero Niño y Pistola fixérono, sendo recoñecibles e recoñecidos.

O venres 8 de maio, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: