Viernes 20 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"O crédito", de Jordi Galcerán, por Eme2 Producións

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… O crédito estreouse en Barcelona e xa leva oito meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e cheos nas súas funcións. Á versión en castelán que tamén está recollendo o mesmo éxito, segue a adaptación ao galego que terá a súa estrea absoluta en Compostela co protagonismo de Morris e Pedro Alonso.

O mércores 18, o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21, ás 20:30 horas; e o domingo 22, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

ButacaZero representa "Supermarket"

Por que brillan tanto as mazás? Que ten dentro o colacao? É mellor limpar con lixivia ou con disiclín? E sobre todo... van os expresidentes do Goberno ao supermercado? Supermarket ofrece ao espectador 59,99 minutos de auténtico e orixinal "stand up poetry" para partirse de risa.

O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21, ás 20:30 horas; e o domingo 22, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ernesto Sevilla

Despois de encher ata a bandeira o teatro co seu anterior show, Despedida Coconut, Ernesto Sevilla regresa a Santiago para presentar Si a todo. No novo espectáculo, Ernesto Sevilla fala da súa vida, facendo un percorrido pola súa infancia, adolescencia e período actual, pasando polas súas filias e fobias, sen centrarse nun tema en concreto, todo isto pasado polo tamiz do seu estilo particular.

O venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Un concerto a dúas bandas

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e os alumnos do Conservatorio Profesional de Música deleitaránnos cun concerto onde interpretarán obras de Ponchielli, Couceiro, Melillo e Pina, baixo a batuta do mestre Juan Miguel Romero Llopis.

O venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: