Sábado 24 de enero 2015

Axenda

"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,

A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xulio Maside

Unha exposición que reivindica a figura de Xulio Maside no contexto da historia da arte en Galicia das últimas décadas. Aínda que nacido en Vigo en 1933, Xulio Maside vive en Compostela, na casa familiar da rúa do Vilar, cando era un neno e alí convive con Carlos Maside, o seu tío e figura imprescindible da arte. Seguro que de aí nace a súa inquietude e curiosidade pola arte.

Ata o 8 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia

O director Manuel Hernández Silva e a Real Filharmonía de Galicia achegarán a nenos e familias a obra do compositor Robert Schumann, un compositor que para moitos constitúe a máxima expresión da natureza do Romanticismo, sempre envolta entre o drama, a alegría e a paixón. A composición seleccionada de Schumann é a cuarta e última sinfonía, unha obra que supón a culminación da obra sinfónica dun dos grandes mestres románticos e da historia da música.

O sábado 24 de xaneiro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pandeiromus

Nado en Compostela en 1992, Pandeiromus dedícase á investigación e interpretación da música galega de tradición oral e por momentos foron o único grupo masculino de pandereteiros. En 2007, Pandeiromus decide dar un paso adiante e voltar aos escenarios para reinterpretar o seu antigo repertorio melódico mesturado con letras de poetas como Sechu Sende ou Xabier Picallo. Agora presentan o seu disco Teño días, primeira entrega da triloxía Teño días, teño noites.

O sábado 24 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"O nome da rosa", versión teatral do drama de Umberto Eco

O nome da rosa (1980) é a primeira novela do italiano Umberto Eco, quen confesa que a escribiu a causa de descubrir, en idade madura "aquilo" sobre o cal non se pode teorizar, "aquilo" que hai que narrar.

O sábado 24 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: