Miércoles 1 de octubre 2014

Axenda

"Santiago cidade ilustrada", exposición na Casa do Cabido

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Santiago Cidade Ilustrada na Casa do Cabido. A mostra reflicte, a través de máis de 60 debuxos e ilustracións, o protagonismo que a cidade compostelá foi adquirindo na literatura infantil e xuvenil, nos cadernos de viaxe e nos cómics nos últimos anos. Son obras de autores nacionais e internacionais, cunha sección dedicada aos debuxantes norteamericamos que nas súas historietas incorporaron imaxes de Santiago.

Ata o mes de outubro, na Casa do Cabido.

Axenda

Galicreques 2014

Santiago de Compostela acolle a XIX edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques.

Do 27 de setembro ao 5 de outubro en diversos espazos da cidade.

Axenda

Exposición sobre Xulio Maside

O Auditorio de Galicia acolle, na sala Isaac Díaz Pardo, unha revisión da obra do artista Xulio Maside (Vigo, 1933), unha figura fundamental da vida artística de Compostela cunha traxectoria creativa coherente e de gran madurez, expresada a través do debuxo, da pintura ou das collages.

A partir do 1 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "O Asorey descoñecido" no Pazo de Fonseca

A colaboración estable entre a Asociación Cultural Francisco Asorey e o Concello de Santiago de Compostela, conxuntamente coa Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Santiago, fai posible a exposición O Asorey descoñecido. Esta proposta pretende homenaxear ao escultor galego Francisco Asorey, que foi un dos grandes artistas do século XX nun terreo onde non só destacou coa súa perfección técnica, senón tamén pola innovación en técnicas de policromía da madeira que nunca antes se utilizaran.

125 anos despois do seu nacemento, a crítica considera este artista como o máis grande escultor galego dende o Mestre Mateo e un dos escultores máis importantes do século XX en España. Con tal motivo preparouse esta exposición, que conta con vinte obras que percorren todas as épocas creativas, dende os 14 anos ata o ano do seu pasamento. Tamén se amosa unha boa compilación dos materiais que el utilizou: xeso, madeira, pedra, bronce…

Obras emblemáticas como o San Cristóbal, Cabaleiros Negros, Lo jondo ou o Busto da señora Hall integran este proxecto expositivo, xunto con outras que por primeira vez que se expoñen ao público. Tamén se incorporan fotografías de gran formato para deixar constancia do importante número de monumentos que Asorey realizou en moitas cidades e vilas galegas, así como noutros países de Sudamérica, ademais daquelas que xa se expuxeran hai tres anos e que pola súa importancia tiñan que formar parte desta mostra. Por outra parte, esta é unha nova ocasión para gozar coa exposición de fotografías de época de Ksado e materiais do artista como gubias, pinceis, libros de arte…

A exposición complétase cun vídeo explicativo da técnica creativa da policromía -utilizada por vez primeira por Asorey-, dous monitores táctiles dotados de software que axudan a comprender o traballo realizado polo artista e unha aplicación para dispositivos Android. O catálogo estará dispoñible en formato dixital en castelán, galego e inglés a través de códigos QR.

Do 1 ao 31 de outubro no Pazo de Fonseca.

Axenda

Exposición antolóxica de Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado, unha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia.

A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén, Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.

Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"A illa do tesouro": teatro infantil e familiar

Teatro Arbole representa A illa do tesouro. Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do titereiro, para contar a aventura de Jim Hawkins eo pirata Long John Silver. Unha das mais apaixoantes aventuras.

O mércores 1 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: