Sábado 3 de marzo 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto familiar: "A Berenguela"

A compañía A Xente das Palabras trae ao Principal un concerto familiar baixo o título de A Berenguela, destinado a rapaces de entre 4 e 10 anos. Trátase dunha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María.

O sábado 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Nya. Díptico para 9 bailaríns"

O Ballet Contemporáneo de Arxel (Arxelia) coa compañía La Baraka (Francia) presentan Nya. Díptico para nove bailaríns, espectáculo que inclúe O Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi, nunha visión coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa.

O sábado 3 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: