Jueves 2 de febrero 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Mujer muerta caminando"

Cámara Negra Teatro representa Mujer muerta caminando, unha proposta escénica froito dun proceso de investigación teatral desenvolvido a partir de textos da novela O Idiota, de Fiodor M. Dostoievski.

Os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 16 e 23 de febreiro, na Zona "C".

Axenda

The Gift abre Sons 2012

A formación portuguesa The Gift presenta en Galicia o seu novo disco, Primavera. Este concerto abre o ciclo Sons 2012.

O xoves 2 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: