Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[30/03/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta A dilixencia, de John Ford, 1939. E a continuación, coloquio con café acompañados por Moncho Lemos, crítico de cine da TVG e da Radio Galega. Entrada de balde ata completar aforo.
[30/03/2012 20:00] O venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.Axenda
Alfredo Padilla presenta este traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare Hamlet.
[30/03/2012 20:30] Na Zona "C":Axenda
Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá. Interpretará a Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior de A. Bruckner.
[30/03/2012 21:00] O venres 30 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.Axenda
Chegan ao Principal as representacións de O Florido Pénsil, de Andrés Sopeña, o espectáculo máis aclamado dos últimos 20 anos no teatro español pero adaptado e ambientado en Galicia. Con Xosé Manuel Oliveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto, Alfonso Agra e Fernando Bernués. Dirixe Mireia Gabilondo.
[30/03/2012 21:00] No Teatro Principal, coas seguintes funcións:Axenda
Segunda entrega do ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.
MusiCompostela continúa coa actuación dos grupos Drink and Tonic e Touret, con entrada de balde. Seguirán outros cinco concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.