Jueves 23 de febrero 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre o Entroido de Conxo

Pequena exposición didáctica sobre O Entroido de Conxo. Os Conformistas.

Do 17 de febreiro ao 1 de marzo, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia, con obras de Dvorak, Gershwin e Schnyder

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, interpreta obras de Dvorak, Gershwin e Schnyder.

O xoves 23 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: