Domingo 18 de septiembre 2016

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Concha Velasco protagoniza "Reina Juana" no Auditorio

Concha Velasco meteuse na pel de mulleres únicas, como Santa Teresa ou Hécuba, e agora volverá encarnar a outra muller fascinante, Juana la Loca, nun monólogo escrito por Ernesto Caballero, que dirixe Gerardo Vera e que estreou este ano en Sevilla. O monólogo é un oratorio que Caballero presenta no momento que a raíña sabe que vai morrer e fai unha confesión na que repasa toda a súa vida.

O domingo 18 de setembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: