Jueves 15 de septiembre 2016

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

A Canción Galega de Concerto no XVII Ciclo de Lied

O Teatro Principal acolle unha nova edición do Ciclo de Lied, a XVII, que toma como punto de partida a canción galega, cun recital a cargo da soprano Carmen Solis e co pianista Alejo Amoedo.

O xoves 15 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: