Sábado 28 de enero 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade", exposición itinerante na Alameda compostelá

¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade é unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso. A exposición está promovida pola Obra Social "la Caixa" e Viaqua, coa colaboración do Concello de Santiago.

Do 17 de xaneiro ao 22 de febreiro, na Alameda.

Horario: de luns a venres, de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Mostra escultórica "Momentos sen tempo", de Antonio Souto

A obra de Antonio Souto desenvólvese fundamentalmente a partir da deformación dunha pel, envoltura, cáscara..., ou como dixo o poeta J.A. Valente "el vacío de todo lo nacido envolvente, materno cómo inmensa morada". A pel é ese territorio que nos conforma, e que debuxa o límite máis ou menos impreciso entre o que nos pasa por dentro e o que sucede fóra.

Do 12 de decembro ao 29 de xaneiro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Escenas do Cambio

Escenas do Cambio celebra a súa terceira edición cun programa con 25 pezas de artistas e compañías de 10 países diferentes. O teatro galego terá unha presenza destacada con nomes como Chévere, que presentará Cheverografías; Matarile Teatro, con Antes de la metralla, ou iLMaquinario, con Resaca, entre outros nomes. A ollada á escena galega convive coa atención ao teatro contemporáneo de América Latina, con propostas de nomes imprescindibles, como Federico León, Rodrigo García, Guillermo Calderón, Mariano Pensotti, Manuela Infante ou Magdalena Arau.

Do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Goldi libre", de A Berberecheira, no Teatro Principal

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión.

O venres 27 e o sábado 28, ás 20:30 horas, no Teatro Principal

Compartir: