Viernes 16 de diciembre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Nadal 2016

Baixo o lema "Conto, canto o Nadal", o Concello preparou un programa de Nadal que combina actividades tradicionais con propostas máis novidosas e dirixidas a todos os públicos.

Durante as datas do Nadal en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

"2016, Ano Internacional dos Legumes", mostra no Museo de Historia Natural da USC

Exposicións, USC, Museos, Saudable
A exposición acolle máis de trinta legumes diferentes, ordenadas por especies representativas de cultivos que na actualidade ou noutros tempos houbo en Galicia. A mostra está composta de sementes de fabas, garavanzos, lentellas e chícharos, acompañados de fichas explicativas das plantas que os producen e a historia do seu cultivo. Faise fincapé nos problemas dos nomes dos legumes de tipo "faba", xa que hai tres especies da familia das leguminosas que dan 'fabas' de formas e usos semellantes pero de orixes, características e historias moi diferentes.

Ata o 31 de decembro, no Museo de Historia Natural.

Axenda

"The observation of trifles", de Carlos Alba, na Zona C

Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

Ata o 22 de xaneiro, na Zona C de Bonaval.

Axenda

Simposio "Ler para comprender o mundo"

O simposio Ler para comprender o mundo reúne a diferentes expertos e promotores da cultura escrita coa finalidade de reflexionar colectivamente, debater e reivindicar a lectura como cerna e motor do coñecemento.

O xoves 15 e o venres 16 de decembro, no Auditorio do Consello da Cultura Galega.

Axenda

"Helena: xuízo a unha lurpia", por Teatro do Atlántico

Nun tempo mítico e abordando o drama dun personaxe de mitoloxía grega, a obra consegue que aquela muller dialogue en tempo presente coa cidadanía deste século XXI.

O xoves 15 e o venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia interpreta a Brahms

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antonio Ros Marbà, e con Jorge Federico Osorio ao piano, interpreta o Concerto para piano núm. 1 en re menor op. 15 e a Sinfonía núm. 2 en re maior, op. 73 de Johannes Brahms.

O venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: