Jueves 1 de diciembre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

IX Concurso Santiago(é)tapas

Todos os amantes da boa cociña poden gozar do IX Concurso Santiago(é)tapas, iniciativa que promove a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

Do 17 de novembro ao 4 de decembro, en diversos establecementos hostaleiros da cidade.

Axenda

A RFG clausura as Xornadas de Música Contemporánea

"Todo o que a imaxinación máis ardente poderá xamais soñar de tenrura e voluptuosidade [...] unha canción imperturbable de pura harmonía», di Berlioz sobre o Adagio da Sinfonía núm. 4 de Beethoven.

O xoves 1 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Carlos Alba: "The observation of trifles"

O artista Carlos Alba vén de inaugurar a intervención The observation of trifles na Zona "C". Este espazo está situado no activo Barrio de San Pedro onde Carlos aproveita para traballar cos veciños e veciñas, xerando novas relacións e novas historias de vida, que poderemos compartir co artista en Matodoiro Compostela.

O xoves 1 de decembro, ás 20:00 horas, no Matadoiro Compostela.

Compartir: