Sábado 9 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

"Ñam!": teatro para bebés

Caramuxo Teatro representa Ñam!, un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. Polas características do espectáculo público e actores comparten o mesmo escenario.

O sábado 9 de febreiro, ás 17:30 e 19:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Luminosa nostalxia", pola compañía Shundum Teatro

Verdadeiramente vivimos tempos convulsos, o cambio é necesario. Luminosa nostalxia é unha viaxe cara a ese cambio. Unha viaxe a Galicia, ao pasado, desde onde coller impulso de cara ao futuro e usar o camiño para recuperar a esencia das cousas, o cheiro dos lugares vividos e o sabor dos momentos máis doces. E se podemos medrar con eles.

O venres 8 e o sábado 9 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: