Viernes 22 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico dirixido por Maximino Zumalave baixo o título Adagio, Canon, Aria, Serenata.... Nel interpretarán obras de Bach, Pachelbel, Albinoni, Bocherini, Mozart, Barber, Bartok, Piazzola e Anderson.

O xoves 21 e o venres 22 de febreiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

Concerto didáctico de órgano na igrexa da Universidade

Concerto didáctico de órgano dentro das I Xornadas de Órgano Mariano Tafall, organizadas polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Dirixe o concerto Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense.

O venres 22 de febreiro, ás 18:00 horas, na igrexa da Universidade.

Axenda

Estrea absoluta de "Waltz"

"O corazón é un neno, espera o que desexa". Proverbio ruso. Waltz é un conto sobre o amor. A vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella. Hai parellas que te pisan, outras que te agarran pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade. Reprsenta a compañía Voadora.

Na Zona C, nas seguintes funcións:
- Xoves 14 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 15 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 16 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 17 febreiro, ás 19:30 h.
- Xoves 21 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 22 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 23 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 24 febreiro, ás 19:30 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Divina Garbo", pola Compañía Internacional de Teatro Arte Livre

A Compañía Internacional de Teatro Arte Livre representa Divina Garbo, que vén recordar que en 2013 completaranse os 70 anos da retirada de Garbo do cine. Greta Garbo, a inesquecible muller da idade de ouro de Hollywood pobou un mundo oculto de emocionantes segredos.

O días 20, 21 e 22 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ana Moura

Ana Moura presenta o seu novo disco, Desfado, o seu quinto album, que toma o seu nome dos dous temas compostos para a artista por Pedro da Silva Martins, da banda Deolinda. Desfado é un punto de inflexión na carreira de Ana Moura, denotando a súa influencia pop e dirixido a un mercado internacional e a unha nova audiencia portuguesa.

O venres 22 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: