Sábado 2 de febrero 2013

Axenda

Pista de xeo na Alameda

A Alameda alberga ata o 3 de febreiro unha pista de xeo de 60 x 12,5 metros, proporcionando aos patinadores unha superficie de xeo de 500 metros cadrados.

Horarios e prezos:

- Período lectivo: luns a xoves, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 17:00 a 21:00 horas; venres, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 horas; sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

- Período de vacacións de Nadal: luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

A entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custa 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custa 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Hai un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros cos patíns. Ademais, existe a posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita descontos en función do número de veces que se pase pola pista.

Ata o 3 de febreiro, na Alameda.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Violeta en Compostela", conto musical coas alumnas do Conservatorio Profesional

Violeta en Compostela é un conto musical plantexado co obxectivo de divulgar os instrumentos de corda e as súas posibilidades a través, especialmente, da viola. As intépretes son nenas de 10-11 anos, alumnas do Conservatorio de Música Profesional de Santiago. A maioría tocan a viola e acompáñanas unha violonchelista e unha percusionista. É un traballo plantexado e desenvolvido dende a clase colectiva de viola, guiado polos profesores Itsaso Bermejo (profesora de viola) e Lorenzo de los Santos (pianista, que os acompaña tamén durante o conto).

O venres 1 de febreiro, ás 10:15 e ás 12:00 horas, e o sábado 2, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

"Zapatos": teatro para bebés

¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Teatro para bebés.

O sábado 2 de febreiro, ás 17:30 e ás 19.00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: