Viernes 15 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

Estrea absoluta de "Waltz"

"O corazón é un neno, espera o que desexa". Proverbio ruso. é un conto sobre o amor. A vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella. Hai parellas que te pisan, outras que te agarran pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade. Reprsenta a compañía Voadora.

Na Zona C, nas seguintes funcións:
- Xoves 14 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 15 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 16 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 17 febreiro, ás 19:30 h.
- Xoves 21 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 22 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 23 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 24 febreiro, ás 19:30 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Love of Lesbian

Love of Lesbian, un dos grupos máis importantes do indie español, confirma Santiago de Compostela como unha das paradas na súa xira de inverno, para presentar o seu último traballo e como únicas datas en Galicia

O xoves 14 e o venres 15, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Uxía presenta "Meu canto"

Acabada de chegar da súa xira brasileira e do Celtic Connections (Glasgow-Escocia) para presentar Meu canto, Uxía ofrece un concerto enmarcado dentro da programación de Sons 2013, que inaugura o ciclo Cantigas de Mulleres, inspirado no CD editado homónimo por Folk Música, unha compilación baixo a dirección artística de Uxía e que pretende ser unha escolma das mellores voces femininas da escena galega e unha mostra do gran talento e calidade das nosas artistas.

O venres 15 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: