Sábado 29 de septiembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

VIII Semana Cultural da Rocha

A Rocha celebra unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de obradoiros, exposicións, visitas guiadas, danza e festa.

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

Galicreques 2012

Celébrase o XVII Festival Internacional de Monicreques, Galicreques. En total serán 44 funcións de monicreques, ás que haberá que sumar obradoiros, exposicións e mesas redondas. As entradas están xa á venda no Teatro Principal, a Zona "C" e a SGAE-Fundación de Autor.

Do 29 de setembro ao 7 de outubro en varios espazos da cidade.

Axenda

Christoph Prégardien e Roger Vignoles no XIII Ciclo de Lied

Nova entrega do XIII Ciclo de Lied, desta vez co tenor Cristoph Prégardien. Acompañado ao piano por Roger Vignoles, interpretará obras de Brahms, Mendelssohn, Schubert e Mahler.

O sábado 29 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: