Martes 25 de septiembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

VIII Semana Cultural da Rocha

A Rocha celebra unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de obradoiros, exposicións, visitas guiadas, danza e festa.

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

Asmik Grigorian e Roger Vignoles no Ciclo de Lied

Dende o ano 1989, o Concello de Santiago e a Asociación Galega de Lírica presentan en setembro en Santiago de Compostela o Ciclo de Lied, único en Galicia e mesmo en España, que se caracteriza pola orixinalidade á hora de presentar cada ano unha visión diferente do escasamente difundido xénero musical do lied e a canción de cámara.

Desta vez, concerto da soprano Asmik Grigorian con Roger Vignoles ao piano.

O martes 25 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: