Lunes 24 de septiembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

Concerto inaugural do II Festival Internacional Peregrinos Musicais

Tras o éxito alcanzado na edición de 2011 celébrase o II Festival Internacional "Peregrinos Musicais". Nesta segunda edición participan os novos músicos da Fundación Mstislav Rostropovich, encabezados por Olga Rostropovich, filla do mundialmente recoñecido cellista ruso, con motivo da celebración do 85º aniversario do seu nacemento.O evento xorde da cooperación entre as Fundacións Benéficas Internacionais de Mstislav Rostropovich e de Vladimir Spivakov, e a Real Filharmonía de Galicia, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.

O protagonista do concerto inaugural é Iskander Hananov, ao violoncello.

O luns 24 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: