Jueves 5 de julio 2012

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta, baixo o nome Música na rúa 2012, pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.

O xoves 5 de xullo, ás 19:30 horas, na praza de Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Clásicos populares

Víctor Pablo Pérez dirixe a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia nun novo concerto do Festival Via Stellae.

O xoves 5 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Idas e voltas co cantaor Arcángel

A fusión do barroco e o flamenco da man do cantaor Arcángel e da Accademia do Piacere, nun novo concerto do Festival Via Stellae.

O xoves 5 de xullo, ás 22:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: