Miércoles 11 de julio 2012

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Recital do contratenor catalán Jordi Domènech

Recital do contratenor catalán Jordi Domènech, que interpretará cantatas e arias inglesas e italianas. Nova entrega do Festival Via Stellae.

O mércores 11 de xullo, ás 20:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ross Daly e o seu Labirinto

Música antiga e world-music chegadas desde Creta co Ross Daly Quartet, que interpretará Labyrinth, a conexión cretense.

O mércores 11 de xullo, ás 22:00 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: