Miércoles 7 de noviembre 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Outono Fotográfico

A Concellería de Centros Socioculturais apoia e colabora un ano máis no Outono Fotográfico, iniciativa xurdida hai 30 anos da man do falecido Benito Losada. Xosé Lois Vázquez, en colaboración con Víctor Nieves, son actualmente os directores deste certame. A edición deste ano deu como resultado 118 exposicións, repartidas en 90 salas en toda Galicia. Cinco delas exhíbense en centros socioculturais da cidade:

- NÓS, de Tono Arias, do 17 de outubro ao 11 de novembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

- DEL HUEVO AL VUELO, de Dolores Carretero Vaquer, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural da Trisca.

- AGUA, de Ramón Iribarnegaray Saburido, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

- REFLEXIÓNS, de Martín García, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural de Vite.

- VER (VISION EXTREMA REAL), de Albert Brull Gracia, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Durante o mes de novembro, nos centros socioculturais.

Axenda

"Tres bruxas con moitos fumes" no CSC do Castiñeiriño

O grupo de teatro Melandrainas representa a obra para público infantil Tres bruxas con moitos fumes. Entrada de balde ata cubrir aforo.

O mércores 7 de novembro, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Compartir: