Viernes 30 de noviembre 2012

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra neste 2012 a súa 26ª edición do 8 ao 30 de novembro con proxeccións en distintas salas, concertos e actividades complementarias.

Toda a programación do festival en:

www.compostelacapitalcultural.org/cineuropa

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Outono Fotográfico

A Concellería de Centros Socioculturais apoia e colabora un ano máis no Outono Fotográfico, iniciativa xurdida hai 30 anos da man do falecido Benito Losada. Xosé Lois Vázquez, en colaboración con Víctor Nieves, son actualmente os directores deste certame. A edición deste ano deu como resultado 118 exposicións, repartidas en 90 salas en toda Galicia. Cinco delas exhíbense en centros socioculturais da cidade:

- NÓS, de Tono Arias, do 17 de outubro ao 11 de novembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

- DEL HUEVO AL VUELO, de Dolores Carretero Vaquer, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural da Trisca.

- AGUA, de Ramón Iribarnegaray Saburido, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

- REFLEXIÓNS, de Martín García, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural de Vite.

- VER (VISION EXTREMA REAL), de Albert Brull Gracia, do 2 ao 30 de novembro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Durante o mes de novembro, nos centros socioculturais.

Axenda

Julio de la Rosa

Julio de la Rosa pecha o programa de concertos de Cineuropa.
Falar de Julio de la Rosa é facelo dunha das figuras máis transcendentes e inquietas da escena musical española. Tras liderar a unha das bandas españolas máis importante dos anos 90, El Hombre Burbuja, é en 2004, co lanzamento de M.O.S cando comeza coa súa carreira en solitario.

O venres 20 de novembro, ás 21:00 horas, na Zona "C".

Compartir: