Jueves 25 de octubre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche

Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.

Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Arch Enemy

Arch Enemy, uns dos grandes do metal nórdico, debutan en Galicia da man do festival Compostela Rock. Estarán como teloneiros os canadienses Voivod e Titans Eve.

O xoves 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Segundo concerto das Xornadas de Música Contemporánea, desta vez con Vertixe Sonora Ensemble, que interpretarán obras de Tian, Billone, Steen-Amdersen e Djordjevic.

O xoves 25 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Contratiempos", por Nenacaracol

Belén Gordillo, "Nenacaracol", presenta Contratiempos, unha homenaxe a todas esas persoas que están nun proceso de autocoñecemento, que se senten soas e que desexan atopar a Felicidade a través da autoaceptación.

O mércores 24 e o xoves 25 de outubro, ás 21:00 horas, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ángel Martín e Ricardo Castella

Ángel Martín e Ricardo Castella chegan ao ciclo Falabaratos co seu espectáculo de humor Nunca es tarde... para hacer tus sueños realidad.

O xoves 25 de outubro, ás 21:00 e ás 23:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: